Iniciamos a semana cunha reducción de casos activos no área sanitaria Pontevedra-Salnés e con ecos relacionados co inicio das Festas da Peregrina, en Pontevedra. Os traballadores de Ence cumpriron coa sua ameaza de concentrarse na lectura do pregón. Fixeron notar a sua presencia. No acto se viviron momentos de tensión cando membros do goberno municipal, entre eles o alcalde, abandonaban a zona da Alameda. Hoxe, Fernández Lores acusou a empresa e o PP de respaldar estos disturbios. Namentras, os populares negaron tales afirmacións. Falamos de esta cuestión co presidente dos empresarios de Pontevedra, Jose María Corujo. Tamén, abordamos a situación do programa de vacinación co doctor Lago, presidente do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra. E repasamos todas as novas do motor con Abel Millán.