Está organizada polo Concello de Pontevedra e as librarías Aviones de Papel, Clip, D-Lectum, El Naranjo, El Pueblo, Espazo Lector Nobel, La Nube de Papel, Libraría Paz, Librería Escolma, Librería Metáfora, Librería Seijas, Librería Cronopios e Mononoke Manga. Presentacións, faladoiros, contacontos, sinaturas de exemplares, recitais, talleres, actuacións musicais… compoñen o programa de actividades, pensadas para todos os públicos. A carpa permanecerá aberta ao público en horario de 11.00 a 14.00 h e de 18.00 a 22.30 h (agás o domingo, que pechará ás 22.00 h). Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira no programa "Máis de Un Pontevedra".