Feira de venda de cómics e material de debuxo, conferencias, presentacións de obras, conversas, exposicións, cinema e obradoiros para profesionais completan a oferta desta edición. En Pontevedra estará o autor actual de Corto Maltés, Rubén Pellejero, que será o autor homenaxeado, recibirá o premio Bdra Gráfica e co que tamén conversamos en compañía de Kiko da Silva. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira no programa "Máis de Un Pontevedra".