02/04/2025

- 20:35 MIN
Pontenciencia: a vocación compartida pola familia Jáudenes Rodríguez
Falamos de ciencia con Saleta González, responsable técnica de Pontenciencia, un proxecto que leva máis dunha década fomentando o pensamento crítico na nosa cidade e aproximando unha visión dinámica e atractiva da investigación, a ciencia, a tecnoloxía e a innovación a públicos non vinculados profesionalmente co sector.
Hoxe coñecemos a unha nai e unha filla que levan anos formando parte das familias investigadoras: Alejandra Jáudenes Rodríguez e Emma Rodríguez Calvo. Pontenciencia é un proxecto da Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a sección no programa "Máis de Un Pontevedra".


