Máis de Un Pontevedra

Pontenciencia: matemáticas na base do método científico

Falamos de ciencia con Saleta González, responsable técnica de Pontenciencia, un proxecto que leva máis dunha década fomentando o pensamento crítico na nosa cidade e aproximando unha visión dinámica e atractiva da investigación, a ciencia, a tecnoloxía e a innovación a públicos non vinculados profesionalmente co sector.

Susana Pedreira

Pontevedra |

Hoxe coñecemos o traballo de Mari Carmen Iglesias, doutora en Matemáticas coa especialidade de Estatística e Investigación Operativa. Pontenciencia é un proxecto da Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a sección no programa "Máis de Un Pontevedra".