23/04/2025

- 18:11 MIN
Pontenciencia: investigación para garantir a alimentación saudable e a agricultura sostible
Falamos de ciencia con Saleta González, responsable técnica de Pontenciencia. Hoxe visítanos acompañada por Pedro Revilla, doutor en Bioloxía e investigador da Misión Biolóxica de Galicia.
Pontenciencia é un proxecto que leva máis dunha década fomentando o pensamento crítico na nosa cidade e aproximando unha visión dinámica e atractiva da investigación, a ciencia, a tecnoloxía e a innovación a públicos non vinculados profesionalmente co sector. Un proxecto da Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a sección no programa "Máis de Un Pontevedra".


