04/06/2025

 Ciencia no cole
  • 13:28 MIN

Pontenciencia: a investigación gañadora do CEIP de Cabanas

Ciencia no cole

compartir
Pontenciencia: a investigación gañadora do CEIP de Cabanas

Recibimos a visita do CEIP de Cabanas como gañador na última edición de Pontenciencia na categoría “Ciencia no cole”. A súa investigación titulouse “A árbore dá vida”.

Pontenciencia é un proxecto que leva máis dunha década fomentando o pensamento crítico na nosa cidade e aproximando unha visión dinámica e atractiva da investigación, a ciencia, a tecnoloxía e a innovación a públicos non vinculados profesionalmente co sector. Un proxecto da Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a sección no programa "Máis de Un Pontevedra".