Abrimos o programa deste martes coa actualidade do día e conversando co artista francés Patrice Warrener, un dos participantes da Bienal de Arte de Pontevedra. Buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas e abrimos tempo de entrevista co delegado territorial da Xunta, Agustín Reguera. Ademais, como cada martes, temos cita entre micros e libros en Cronopios con Mercede Corbillón.