10/04/2025

Más de Uno Pontevedra
  • 19:22 MIN

Jacobo Pérez augura un mandato prospero para Caldas de Reis

Política municipal

compartir
Jacobo Pérez augura un mandato prospero para Caldas de Reis

O alcalde caldense agarda que proxectos como a construcción do centro de saude, a mellora dos servizos sociais ou a dotación de saneamento na maioria de núcleos do rural impriman un incremento da calidade de vida no municipio.

Balance dos primeiros cen días de Jacobo Pérez como alcalde de Caldas de Reis. Primeiros meses de xestión que permitiron dar resposta a demandas históricas no municipio: o convenio do novo Centro de Saúde, o borrador da cesión demanial de terreos para a mellora da Travesía de Doña Urraca ou os avances acadados para incrementar o chan industrial son algunhas das xestións levadas acabo nestes primeiros meses desde a súa chegada á Alcaldía

O socialista Jacobo Pérez Gulín foi investido, o pasado 30 de decembro, como novo alcalde de Caldas de Reis. Asumiu o desafio de sustituir Juan Manuel Rey, que estivo 18 anos no cargo e casi 30 en política municipal. Jacobo Pérez xa atesoraba experiencia como concelleiro de Facenda, Obras, Comercio e Hostelería ante de coller o bastón de mando.

E, agora, ten por diante unha importante cantidade de retos co obxectivo de transformar e convertir o municipio nunha verdadeira capital da bisbarra do Umia.

(Escoita a entrevista completa con Jacobo Pérez, alcalde de Caldas)