A ÚLTIMA E MARCHAMOS

Elena Vázquez: “Coas matemáticas experimentamos o pracer de entender as cousas”

A matemática pontevedresa recibe o Premio de Divulgación Científica 2024 da Real Academia Galega de Ciencias.

Susana Pedreira

Pontevedra | 09.05.2024 14:16

Na actualidade, Elena Vázquez Abal, é catedrática da USC e presidenta do Comité de Diversidade da Unión Matemática Internacional. Salienta que este galardón é “un recoñecemento ás mulleres divulgadoras e, ademais, á divulgación feita en galego”. Neste enlace directo á nosa web podes volver tomar a última con Elena Vázquez e Susana Pedreira no programa "Máis de Un Pontevedra".