Onda Cero Pontevedra

Más de Uno Pontevedra (21-09-2020)

Comezamos o programa coa actualidade do día e conversando co presidente do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, Alfredo Martínez. Abrimos tempo de entrevista coa xornalista e escritora Montse Fajardo para falar da biografía sobre Virxinia Pereira que acaba de publicar o Concello de Pontevedra. Como cada luns, buscamos a actualidade deportiva con Rubén Rey e a do motor con Abel Millán. Ademais, completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego!"