Lores: "Metéronme máis goles cando era porteiro de fútbol que na política"
O actual alcalde e candidato do BNG á alcaldía de Pontevedra citouse con Susana Pedreira no Hotel Rías Bajas para una entrevista persoal. Antes da política exerceu como médico durante case 20 anos e segue cruzándose con frecuencia con moitos dos seus pacientes. Lembramos os seus anos como porteiro de fútbol na adolescencia, traballando nas bateas e ata pegando carteis para unha sala de festas. Confesa que nos últimos tempos o que máis influíu na súa vida foi o nacemento das súas netas e presume delas con ducias de fotos no móbil. Miguel Anxo Fernández Lores opta á reelección como alcalde este 26 de maio e nesta entrevista podes coñecelo mellor.