A última e marchamos

José Manuel Rey: "Moitas das cousas que fixemos na pandemia viñeron para quedarse, temos que potenciar a transformación dixital dos museos"

Conversamos co director do Museo de Pontevedra cando se van cumprir dous anos do seu nomeamento. Con Jose Manuel Rey comentamos cómo foron as cousas neste último ano coa arte tamén confinada, e marcamos axenda cultural coas exposicións que están por vir.

Redacción

Pontevedra | 25.02.2021 14:43

Cada xoves tomamos a última con pontevedreses que nos falan dos seus proxectos. Unha charla coloquial e distendida que esta semana ten como protagonista a Jose Manuel Rey, director do Museo Provincial de Pontevedra. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira en "Más de Uno Pontevedra".