06/03/2023
Fillas de Cassandra: "Acrópole sintetiza o noso pensamento como feministas para reescribir a Historia contada por homes"

- 12:10 MIN
Fillas de Cassandra: "Acrópole sintetiza o noso pensamento como feministas para reescribir a Historia contada por homes"
Comezamos a semana cantando en galego con Sara Faro, unha das compoñentes de "Fillas de Cassandra". Acaban de publicar "Acrópole", o seu primeiro traballo discográfico, e esta pasada fin de semana triunfaron coa presentación en directo na Sala Capitol de Compostela. Conversamos con Sara Faro sobre o concepto dun disco que viaxa polos textos clásicos para poñer en relación ás personaxes da mitoloxía grega co mundo actual baixo unha ollada feminista e contemporánea.
Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a sección musical de "Máis de Un Pontevedra" con Susana Pedreira.


