Novidades musicais

Escoitamos un adianto do novo traballo de Xabier Diaz en "Cántamo en Galego"

Comezamos a semana buscando ritmo coas mellores novidades musicais en galego. Este luns activamos a conta atrás para o lanzamento do novo disco de Xabier Diaz e as Adufeiras de Salitre escoitando un pequeno adianto. Ademais, escoitamos o novo de Monolious DOP e mercamos entradas para os novos concertos de Ruxe Ruxe e Tanxugueiras. Neste podcast podes volver escoitar a sección musical dos luns con Susana Pedreira en "Más de Uno Pontevedra.