A última e marchamos

Domingos do Principal: 22 anos educando teatralmente aos máis pequenos

Conversamos con Xacobe Rodríguez de Teatro Akatro para falar da nova edición de "Domingos do Principal", un ciclo que leva 22 anos sendo referencia para o público e para as compañías de todo o Estado.

Redacción

Pontevedra | 14.01.2021 14:50 (Publicado 14.01.2021 14:45)

Cada xoves tomamos a última con pontevedreses que nos falan dos seus proxectos. Unha charla coloquial e distendida que esta semana ten como protagonista a Xacobe Rodríguez, un dos responsables da programación de "Domingos do Principal". Con el falamos da nova edición que comeza este domingo e das súas primeiras lembranzas como contador de contos e profesional do teatro.. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira en "Más de Uno Pontevedra".