Entrevistas Rías Bajas

Culler de Pau, a historia de amor de Javier e Amaranta

Esta semana son dous os convidados no Hotel Rías Bajas: Javier Olleros e Amaranta Rodríguez, propietarios do restaurante "Culler de Pau". Coñecemos a unha parella que se admira mutuamente e que ten un respecto enorme polo imprescindible traballo que cada un aporta, seguramente esa é a clave do éxito dez anos despois de montar o restaurante no Grove. Javier recoñece que o seu é a cociña e que non sabería asumir toda a responsabilidade que Amaranta ten nas súas mans; con él falamos da importancia do produto e dos produtores locais, porque son o 50% do éxito dun bo prato, e da responsabilidade dos cociñeiros para recuperar o autóctono. Durante a conversa, Amaranta confesounos que de pequena era moi mala comedora e a súa avoa dicíalle que, como castigo, acabaría casada cun home cociñeiro.... e así foi! Neste podcast podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira.