Cubela: "En Cerdedo-Cotobade queremos sumarnos cunha partida económica aos fondos da Xunta para a hostelería"
Cada martes convidamos a un almorzo virtual aos protagonistas da actualidade local. Hoxe concedemos protagonismo ao Concello de Cerdedo-Cotobade para falar da incidencia da pandemia e dos retos municipais neste 2021.
O alcalde, Jorge Cubela, comenta con nós a situación sanitaria no seu Concello e os retos para este ano 2021 no que chegaremos ao ecuador do mandato municipal. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista.