17/08/2021
O concello de Poio centra os actos da Galiza Martir

A concelleira de Poio, Marga Caldas, considera fundamental esta clase de actos relacionados coa Memoria Histórica para evitar novos feitos negros na historia
Nova edición do programa do Día da Galiza Mártir, que o Concello de Poio organiza, en colaboración coa fundación Alexandre Bóveda, para lembrar e reivindicar a figura do histórico político galeguista, fusilado na Caeira no verán de 1936, ao inicio da Guerra Civil.
Hoxe, o monumento erguido na Caeira é o escenario dos actos centrais da homenaxe a Bóveda cando se cumpren 85 anos do seu fusilamento, o 17 de agosto de 1936.
Escoita a entrevista con Marga Caldas, concelleira de Memoria Histórica de Poio.
Temas
- Onda Cero


