15/02/2017
"Co meu traballo busco cultivar a autoestima galega"

- 29:53 MIN
"Co meu traballo busco cultivar a autoestima galega"
Luis Davila estivo con nós poñendo voz ao seu traballo grafico
Leva debuxadas máis de 7.000 viñetas analizando a actualidade e a idiosincrasia galega, viñetas que a diario conectan con miles de persoas na prensa e en Internet. Luis Davila estivo con nós en Cronopios repasando os seus 20 anos de traballo recompilado en seis libros co mellor humor gráfico de "O Bichero". Confésase amante do humor absurdo e defende que non hai nada máis saudable que rirse dun mesmo, pero sempre poñendo en valor o que somos e a nosa forma de ver a vida. A Luis Davila gustalle traballar na autoestima e segue a facelo cada día co humor gráfico como ferramenta. Escoita aquí a entrevista íntegra

Temas
- DIbujante
- o bicherío
- Cronopios
- Pontevedra en la Onda
- Pontevedra