Más de Uno Pontevedra

En caso de emerxencia: Culturgal

A Feira das Industrias Culturais de Galicia comeza mañá tres días de programación desde Pontevedra. Unha edición diferente e necesaria da que falamos co seu director, Xosé Aldea.

Lorena Páramo

Pontevedra | (Publicado 26.11.2020 14:43 )

Chegar ás casas durante a última fin de semana de novembro é a meta que se propón Culturgal nesta edición da pandemia. Agás a sala de cinema, toda a programación será accesible desde a casa en cultur.gal e na canle de youtube. Falamos do que ofrece este ano a Feira das Industrias Culturais de Galicia co seu director, Xosé Aldea, e cun dos protagonistas das actividades culturais, o director de cine Alfonso Zarauza que presenta o seu último filme: "Ons". Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira.