ONDA CERO PONTEVEDRA

Cántamo en galego 20/03/2023

Neste luns que dará paso en breve a primavera, entrevistamos a Quinkillada que estará actuando este venres na Sala Karma de Pontevedra. Ademáis, escoitamos a Fuxan os Ventos co tema "Eu en ti" e a banda compostelá Grampoder reinterpretando O Lobo (1976) de Fuxan Os Ventos que se converte na nova entrega de Puro Deleite, o proxecto no que reúnen artistas e bandas do panorama musical galego co propósito de homenaxear os grandes mitos da nosa música. Finalizamos con Sabela que acaba de publicar o seu novo álbum, “Ceniza”. Despois de reafirmar o seu camiño como artista independente, reabre o seu mundo musical a través deste disco tan personal. Escoitamos o tema "Cidade desexo"

Redacción

Pontevedra | 20.03.2023 15:11

Escoita a sección musical de Cántamo en ... galego!!! en Más de Uno Pontevedra