Novidades musicais

Cántamo en Galego con Sés e Faia

Comezamos a semana buscando ritmo coas mellores novidades musicais en galego. Este luns activamos a conta atrás para o lanzamento do novo disco de Sés, "Liberar as arterias", e marcamos axenda cos seus primeiros concertos a partir de febreiro. Ademais, entrevistamos á cantante Faia mentres desfrutamos da súa voz en "Ao cabo leirín", o seu primerio disco. Neste podcast podes volver escoitar a sección musical dos luns con Susana Pedreira en "Más de Uno Pontevedra.