Máis de Un Pontevedra

Buscar o benestar no noso lugar de traballo é posible

En compañía de Ana Santos, concedemos protagonismo ao colectivo pontevedrés "De Vella a Bella" para coñecer os intereses e preocupacións das persoas +60 da nosa cidade. Hoxe coñecemos a mulleres de lugares diferentes e que falan idiomas diferentes pero que están conectadas grazas á arte e á convivencia en Anceu (Pontecaldelas). Visítanos África Rodríguez, responsable de “Anceu Coliving”, Alcira Mera, veciña de Ponte Caldelas e usuaria de Anceu; e Reni Horvath, unha das mulleres estranxeiras que está compartindo o seu proxecto empresarial en Anceu: “Balance&Core”.

Redacción

Pontevedra | 18.10.2023 14:44

Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a sección no programa "Máis de Un Pontevedra".