Más de Uno Pontevedra

Alén do mar co Quinteto de Monterrei

O músico pontevedrés Óscar Ibáñez lévanos de viaxe coa súa música conectando Pontevedra e Galicia co outro lado do Atlántico.

Redacción

Pontevedra | 20.01.2021 14:14

Cada quince días estamos alén do mar na radio grazas a historias musicais cheas de viaxes, mestizaxe e persoeiros pontevedreses. Hoxe falamos co músico pontevedrés Óscar Ibáñez de José Posada e o seu Quinteto de Monterrei: unha viaxe de ida e volta a Cuba co seu legado musical. Neste podcast podes volver escoitar a sección con Susana Pedreira en "Más de Uno Pontevedra".