Semana do Libro con Kalandraka

Celebramos o Día do Libro coa lectura colectiva de “O coelliño branco”

Rematamos a semana coa narración dun conto tradicional portugués adaptado por Xosé Ballesteros e ilustrado por Óscar Villán: “O coelliño branco”. As voces que escoitamos son as de Sara, Iago e Noelia; ademais participan as súas mamás: Sara e Alicia; a contadora Bea Campos e o propio autor do libro, Xosé Ballesteros. As palabras, os contos, as páxinas dos libros… esta semana son os nosos protagonistas para celebrar o 23 de abril: cada día, un libro para soñar con Kalandraka.

Redacción

Pontevedra | 23.04.2021 14:43

“O coelliño branco” é un referente no catálogo dos “Libros para soñar”, non só porque foi un dos primeiros títulos publicados por Kalandraka, senón porque supuxo o primeiro gran premio recibido cando Óscar Villán foi distinguido co Premio Nacional de Ilustración 1999 polo seu traballo. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a sección e celebrar con nós a Semana do Libro en Onda Cero Pontevedra.