O futuro de Ence

Ángeles Vázquez: “A ministra Ribera ten que deixar de tuitear e responder ao ditame xurídico da Xunta sobre a Lei de Cambio Climático”

A conselleira de Medio Ambiente responde ao tuit da ministra de Transición ecolóxica no que defende as garantías e cautelas para o litoral que contempla a nova Lei en tramitación. Vázquez esixe a Ribera que se pronuncie sobre o ditame da Asesoria Xurídica da Xunta que lle foi remitido a pasada semana.

Redacción

Pontevedra | 29.03.2021 14:11

Pola súa banda, Teresa Ribera utilizou twitter para defender a Lei dun vídeo anónimo no que se fala do risco que supón para 4.000 empresas galegas ubicadas en dominio público marítimo terrestre. A ministra acusa aos detractores da Lei de mentir e asustar á xente falseando datos.