Política

Denuncian ataques lgtbifóbicos ó líder das XXSS Xurxo Doval

Xurxo Doval vencella os insultos ás NNXX do PP que o negan

Paco Sarria

Ourense | 02.05.2024 09:09

As Xuventudes Socialistas denuncian os ataques verbais homófobos sofridos polo seu secretario xeral; o ourensán Xurxo Doval.

Este publicou en redes sociais unha carta na que fala de ataques lgtbifóbicos a raíz dun video no que celebraba que Pedro Sánchez non dimitise, recibindo insultos como "marica", "dexenerado" ou "ojalá te viole un magrebí".

Doval vencella a tres membros das Novas Xeracións do PP , ós que considera cómplices, estos feitos, anque o negan, e acusan a Doval de chamalos franquistas e machistas pedíndolle tamén que rectifique.