O presidente provincial do PP de Ourense e da Deputación, Manuel Baltar, pasou polos micrófonos de Más de Uno Ourense, con Paco Sarria, onde abordou o futuro do PPdeG, e o relevo de Feijoo na Xunta, así como o que agarda nas municipais do 2023 para as que plantexará unha renovación do 50% nas cabezas de lista. Asuntos como a polémica sobre as obras na estrada a Rocas, as relacións con Jácome ou o COB tamén estiveron presentes na entrevista.
presido unha provincia que exhibe os mellores resultados de Galicia