Xente de Ourense

Yael de Lorenzo Lamas, gañadora na modalidade de fotografía do certame "Xuventude Crea"

O certame "Xuventude Crea" foi impulsado pola Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Onda Cero Ourense

Ourense | 08.11.2022 13:57

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado impulsóu o Certame Crea en varias modalidades.

Yael de Lorenzo Lamas, gañadora de "Crea" na modalidade de fotografía

Yael de Lorenzo presentou a súa obra "Mocidade" o certame que lle levou a ser a gañadora na modalidade de fotografía.

Mocidade de Yael de Lorenzo
Mocidade de Yael de Lorenzo | Yael de Lorenzo Lamas

Con Mocidade Yael reproduce sensacións e sentimentos da adolescencia con inspiración en si mesma e no que viviu desde a súa infancia.

Yael que agarda que o seu futuro sexa a fotografía. Está formandose no Antonio Faílde e o curso vindeiro comenzará a súa etapa universitaria probablemente en A Coruña.

Mocidade de Yael de Lorenzo
Mocidade de Yael de Lorenzo | Yael de Lorenzo Lamas

Un dos lugares de Ourense que inspira a Yael é o Auditorio e o seu momento no día é antes do solpor.

Mocidade está exposto na Igrexa da Universidade de Santiago

A obra completa, ademáis de outras de diversos autores, está exposta na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela ata o 28 de novembro excepto os domingos.

Mocidade de Yael de Lorenzo
Mocidade de Yael de Lorenzo | Yael de Lorenzo Lamas

Onde coñecer a obra de Yael

A mellor forma de coñecer a fotografía de Yael de Lorenzo é achegarse ó seu Instagram ou o seu portfolio

[[LINK:EXTERNO|||https://www.instagram.com/p/CJ1qtXXHfOG/?utm_source=ig_embed&utm_campaign=loading|||

Ver esta publicación en Instagram

]]

[[LINK:EXTERNO|||https://www.instagram.com/p/CJ1qtXXHfOG/?utm_source=ig_embed&utm_campaign=loading|||Una publicación compartida de 𝘺𝘢𝘦𝘭 (@mimaspov)]]