Declaracións de Olga Mojón

Reacción de Olga Mojón a que o Concello de Ourense se faga cargo da xestión do Teatro Principal

O acordo anunciado polo alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome e o presidente da Deputación, Manuel Baltar para que a institución municipal se faga cargo da xestión do Teatro Principal xerou dúbidas na oposición e inquedanza nos traballadores do recinto cultural, entreles a da propia xerente, Olga Mojón. Mojón cuestionaba en declaraccións a Onda Cero que o acordo político se tomase "nun bar entre whiskys e falando de mulleres de moral relajada".

ondacero.es

|