Con Paco Sarria

Pedra a Pedra pola Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra é un dos atractivos fundamentais das provincias de Lugo e Ourense. As visitas de turistas van incrementándose cada ano e no horizonte están as declaracións de Patrimonio da Humanidade e Reserva da Biosfera ás que este territorio aspira. A maior concentración de románico de Galicia e unha das mais importantes de Europa, a paisaxe idílica e a singularidade do seu cultivo vinícola fan deste enclave un territorio singular ó que hoxe miramos neste espacio; Pedra a Pedra reparando no seu presente e futuro da man de Alba Gómez e de algúns dos Alcaldes e xestores turísticos da bisbarra.