Entrevista con Xose Miguel Pérez

Os emigrantes animan ós seus cos altofalantes de San Xoan de Río

No pequeno concello ourensán de San Xoan de Río (530 habitantes) recuperaron uns vellos altofalantes que antaño serviron para amplificar as horas dadas polo reloxo, e ó través deles, difundir as mensaxes dos familiares na emigración. O Alcalde, Xosé Miguel Pérez, contounos en Onda Cero que sentou como un xerro de auga fría a ampliación do estado de alarma por que impide que os familiares poidan regresar durante as vacacións de Semana Santa, polo que viron nesta alternativa unha solución para animarse mutuamente.