05/02/2025
Natalia González (PSOE): "O mérito tutístico do Alcalde é o de desmantelar a concellería de Turismo".

- 20:26 MIN
Natalia González (PSOE): "O mérito tutístico do Alcalde é o de desmantelar a concellería de Turismo".
A voceira do Psoe no Concello de Ourense, Natalia González visitou os estudos de Onda Cero Ourense para analizar a actulidade política municipal
A voceira socialista no Concello de Ourense, Natalia González dixo hoxe en Onda Cero que todo o mérito que ten o Alcalde no incremento de turistas na cidade é o de "desmantelar a concellería de turismo". González voltou a incidir no estado "vergonzoso" do termalismo e engadíu que non sería descartable que a pisciña termal de As Burgas non entrara en servizo este ano.
A voceira socialista repasou en "Más de Uno" asuntos de actualidade municipal como a aprobación do anteproxecto para a peonalización da praza de Concepción Arenal sinalando que "é un proxecto inviable" así como as protestas veciñais pola posible reapertura da discoteca "Macao" ou as eivas nas obras de mobilidade vertical na rúa Pérez Serantes.


