Más de uno ourense

A última añada do Ribeiro foi mellor tanto en cantidade como en calidade

A LXI edición da Feira do Viño do Ribeiro do 3 ó 5 de maio en Ribadavia.

Paco Sarria | Óscar Gómez

Ourense | 02.05.2024 13:14

O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Juan Casares, valorou a última añada desta Denominación de Orixen como mellor en cantidade e calidade, cunha producción de 10,5 millóns de kilos (casi millón e medio máis que o ano pasado).

Casares repasou en Más de Uno Ourense as novidades desta edición que vai do 3 ó 5 de maio con presencia de destacados chef para os showcookings, unha zona gastronómica con varios ambientes e máis dunha trintena de adegas que darán a coñercer as suas últimas produccións.

Asemade foi preguntado sobre seu futuro inmediato xa que soa para ocupar praza no Parlamento de Galicia polo PP ourensán, respostando que de momento non hai oficialmente nada ó respecto.