Un repaso literario que comezamos con “Asesino de Brujas” (la bruja blanca) de Shelby Mahurin. Primeiro volume dunha obra que nos fala dunha heroína vibrante e completamente realizada nun sistema de maxia tan intrincado como letal.
A segunda proposta leva por título “Diana” (a sua verdadeira historia nas suas propias verbas) obra de Andrew Morton. Unha biografía revisada e actualizada da princesa Diana de Gales para coincidindo cos 25 anos da sua morte.
Seguimos por “Las hermanas de Auschwitz” de Roxane Van Iperen. Historia que nos sitúa nos comezos da Segunda Guerra Mundial tra-la invasión nazi de Holanda, e cando dúas irmáns xudeas deciden unirse á Resistencia.
E por último “Estación Damasco”, de David McCloskey. Un thriller de espías refrescante a atractivo da que o ex director da Cía, David Petraeus dixo que é a mellor novela de espionaxe que leeu.