17/09/2025

A voceira municipal socialista no Concello de Ourense, Natalia González, dixo hoxe en Más de Uno Ourense que lamentan non terse equivocado cando anunciaron o caos que iba a orixinarse co cambio nas liñas de bus operativas dende este luns.
González explicou que o Alcalde estivo actuando improvisadamente, "a salto de mata" e rectificando para chegar a un punto no que se multiplicaron os damnificados polos cambios. En Onda Cero falou de "caos, retrasos, colas e desinformación".
A edil socialista tamén falou da "gratuidade" proxectada para o servizo o ano próximo ou da entrada en funcionamento de cámaras no casco vello e radares sobre o que dixo que demandaron información por rexistro.


