Natalia engadeu que a formación conservadora está a ser "incongruente" xa que unha parte do grupo municipal segue sendo partidaria de co-gobernar con Democracia Ourensana. González dixo estar aberta ó diálogo, pero que tampouco perderá un minuto por que considera a moción de censura "unha opción pechada".
Na entrevista sobre a actualidade municipal tamén valorou o recente congreso dos socialistas galegos sinalando que os ourensáns saen fortalecidos e que foron premiados como recoñecemento a un traballo colectivo.