16/09/2025

As oficiñas de atención ós damnificados polos lumes levan atendidas a 2169 persoas e tramitado 479 solicitudes de axuda das que 7 xa están resoltas e abonadas.
Son datos que en Onda Cero Ourense revelou o delegado territorial da Xunta de Galicia, Manuel Pardo. Pardo confirmou que Valdeorras e o Val de Monterrei son as bisbarras que concentran o maior número de solicitudes. Asemade repasamos con el algúns dos momentos vividos no Cecop aqueles negros días de agosto.


