Con motivo da celebración esta fin de semana (de venres a domingo) no concello de Bande, da LIII edición da Festa do Peixe falamos con Sandra Quintas do programa que inclúe concurso de pesca fluvial, apartado gastronómico, música e un certame creativo infantil. Estamos diante dunha das festas máis antigas de Galicia.