24/06/2025

Co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo repasamos os principais temas de interés para a provincia nos que está a traballar o goberno galego
O novo laboratorio de microbioloxía recentemente inaugurado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense empregará a Intelixencia Artificial, salientou o delegado territorial da Xunta de Galicia, Manuel Pardo. Pardo repasou ademáis outras iniciativas nas que participa a administración autonómica como a celebración dos festivais "Espírito Ribeiro" ou "Silfest", así como as novidades previstas para o parque acuático de Monterrei.


