Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE

Programa completo do 31/08/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 31.08.2021 14:20

Remata agosto deixando unha moi boa ocupación turística na Ribeira Sacra, datos que repasamos coa xerente do Consorcio Turístico, Alexandra Sera, coa que falamo tamén doutras iniciativas que promove o consorcio. O PP presenta no Senado iniciativas para que sexan recuperados servizos ferroviarios suprimos nos últimos meses. Iniciativas que nos presenta a senadora Rosa Arza. Os populares denuncian tamén o descenso no nivel de auga en encoros como o de Belesar que hoxe visitaron diversos cargos políticos do citado partido, escoitamos á presidenta provincial Elena Candia. Escoitamos tamén ao deputado do BNG, Néstor Rego, niste caso reclama no Congreso melloras para a N 120. E cambios no BNG de Pantón, falamos dos mesmos coa voceira nacionalista no citado concello Rosana Prieto. Entre outros asuntos, atendemos tamén a unha nova intervención que se vai levar a cabo no xacemento de Penas do Castelo, conversando co arqueólogo Benito Vilas.