31/07/2025

Programa completo do 31/07/2025
Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e conversado con Juan Luis Méndez das "Noites Méndez Rojo" que rematan en Vía Romana este venres falamos desta cita e outras novas desta adega. Todo preparado no Castro de San Lourenzo para iniciar este venres nova campaña de escavacións que repasamos co arqueólogo Xurxo Ayán que dirixe as intervencións. CCOO recurrirá os servizos mínimos establecidos polo concello no caso de manterse a convocatoria de folga na recollida do lixo a partir do día 4. Buscamos a última hora sobre este asunto con Mario Docasar e malestar en Esperta Monforte pola resposta do alcalde sobre a a axuda concedida a España Creativa e pola contra non se colabora con Semente Monforte piden que se fagan públicos os criterios que rexen esta adxudicación.
