Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e co espazo adicado ao sector vitícola no que, co técnico Alfonso Losada, conversamos con Pablo Menéndez, un dos responsables do proxecto ESCAI Ribeira Sacra, e con Iván Olmedo, enólogo de Finca Míllara sobre as probas realizadas con dron para facilitar o transporte das uvas dende a viña ata a adega. Tamén conversamos coa conselleira do Medio Rural, María José Gómez, que visita hoxe a adega Rectoral de Amandi para recoñecer o éxito dos viños da D.O Ribeira Sacra na Cata de Aosta. Conversamos tamén con Miguel Camaño, enfermo de ELA dende 2020 e centrado agora en visibilizar esta enfermidade.Entre outros asuntos, nova entrega do espazo mensual "Terra, Auga e Vida", adicado hoxe ao sector apícola galego con Paula Bernárdez de Mieles Anta e José Balseiros, director xeral de Gandería e Industrias Agroalimentarias.