30/07/2025

Programa completo do 30/07/2025
Abrimos repasamos novas da actualidade máis próxima e falando de piragüismo con Santi Díaz, director técnico do Club Quixós. Para visibilizar o emprendemento local organizaron en Monforte unha visita guiada por varios establecementos comerciais, unha novidosa iniciativa que repasamos con Ana Randulfe, técnica de dinamización territorial. Todo preparado en Escairón para as Festas Patronais que repasamos co alcalde de O Saviñao, Carlos Armesto que da conta tamén dos asuntos da xunta de goberno convocada para este xoves. Entre outros asuntos, conversamos tamén con Xosé Lois Foxo o promotor do Filandón do Courel que vai ter lugar este domingo día 3 e que cumpre xa 28 anos de vida.
