Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e conversando con Reinaldo Pereira o director de contidos do Fancine de Lemos. Belén Elisa Díaz, presidenta da Asociación España Creativa, fai balance e repasa conclusións do Encontro Nacional de Emprendedores Creativos que acolleu Monforte e outros puntos da Ribeira Sacra dende o xoves ata onte domingo. Vén de visitar a mina Magnesitas de Rubián a Conselleira de Economía e Industria, María José Lourenzana e aproveitamos para coñecer máis desta empresa conversando co director xeral da mesma, Eduardo Jiménez. E o club Quixós estará un ano máis representado no Mundial de Piragüismo que se celebra desde maña en Eslovenia, por Noa Díaz. Falamos con Santi Díaz, director técnico do club monfortino. Entre outros asuntos, temos tamén cita coa saúde bucodental coa dontóloga María José Martín Díaz.