Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 30/06/2022

Programa completo do 30/06/2022

Manola Porto

Monforte de Lemos | 30.06.2022 14:23

Contratadas as obras para asegurar o piar desprazado na ponte de Piñeira. Falamos desta intervención e repasamos outras novas do concello de Monforte conversando co alcalde, José Tomé Roca. Preguntamos ao avogado Javier Leiro sobre a controversia creada ao respecto do incremento salarial que reclaman as traballadoras do SAF. Sober contará a partir deste sábado cunha área de autocaravanas habilitada en Bolmente. Falamos coa promotora do proxecto, Cristina Rodríguez. En Pantón presentan as actividades culturais que se van desenvolver ao longo do verán. Repasámolas con Javier González, técnico de cultura do citado concello. Entre outros asuntos, despedimos programa conversando con Jaime Pablo Díaz, director de Nova Galega de Danza que no marco do Festival do Viño da Ribeira Sacra, actúa este sábado en Monforte.