30/05/2025

Programa completo do 30/05/2025
CIG-SAÚDE reclama incremento de plantilla para o Servizo de Admisión do Hospital Comarcal de Monforte. Explica os motivos Vicente Vázquez, delegado do citado sindicato neste centro hospitalario. Siguen negociando convenio para os traballadores de FCC en Monforte, CCOO agradece a boa disposición da empresa coa que se reunirán de novo o día 11, repasamos como van as xuntanzas conversando con Mario Docasar, secretario de acción sindical de CCOO nesta zona. Uns 8.000 maiores de 65 anos poden ser beneficiarios do Carné +65, unha iniciativa da Xunta que repasamos coa deputada Raquel Arias. E o concello de Monforte súmase á campaña "Quere o teu mercado" con degustación de produtos locais este sábado ás 12 na Praza de Abastos. Falamos con Carlos Pérez, o presidente da Asociación de Praceiros. Entre outros asuntos, conversamos tamén co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, co que repasamos novas do citado concello.
