29/04/2025

Programa completo do 29/04/2025
Recupérase a normalidade despois do apagón eléctrico de onte. Adicamos o programa a recoller valoracións de diversos sectores. A última hora que nos chega do Parque Comarcal dos Bombeiros, conversando co sarxento Tomás Losada. Sobre como está indo no sector agrario falamos co xerente da Cooperativa Lemos José Manuel Rodríguez. Da última hora no sector do comercio falamos co xerente do CCU, Ángel Folgueira. Conversamos tamén co axente de seguros, Diego Mantilla, para que nos explique o papel que xogan as aseguradoras nestes casos e que podemos reclamarlle. Entre outros asuntos, conversamos tamén con Iván Guitián, responsable dunha tenda de electrodomésticos, de Bazar Lago, preguntamos sobre a conservación dos alimentos en conxeladores e frigoríficos sen suministro eléctrico.
