Convocada folga de recollida de lixo en Monforte a partir do 4 de agosto e de xeito indefinido. Da última hora sobre este asunto danos conta Mario Docasar, que negocia cos representantes da empresa en nome dos traballadores. O BNG leva ao pleno de hoxe en Monforte unha moción reclamando un novo acceso ao polígono de O Reboredo entre outras iniciativas que repasamos co voceiro deste grupo Emilio Sánchez. Entre outros asuntos recollemos tamén balance da 51 Subida a Chantada con Chiqui Gutiérrez e falamos co piloto soberino Diego Pérez que por cuarta vez paticipou desta proba superando marcas anteriores.